jueves, 25 de marzo de 2010

Primavera se dice igual en gallego y castellano

Este domingo 21 pasado, os meus nenos decatáronse, mentras xogaban ao baloncesto nun parque de Madrid, de unha das sinais da chegada da primavera. Botéille unhas fotos co que tiña naquel intre (o meu teléfono). E ainda que non son boas, expóñoas eiquí porque captan o instante. No ceo aberto dunha cidade, vindo do sur e marcando o norte. Tal vez de África e con destiño en Galicia, Bretaña ou mais arriba. A unha velocidade grande, alo menos en comparación co parsimonioso bater das suas azas. A moita altitude. Ducias de expedicións en formación. Mais ou menos numerosas. Coma os exércitos da vida humán. Non teño coñecementos... non sei se o fan dunha xeira. Pero cruzan por riba dos montes da Península. Tampouco puiden distinguir de que especie se trataba. Non parecían parrulos ou similares posto que non afiaban unha longa gorxa. En Madrid tamén ven a primavera. En Madrid "primavera" dise coa mesma palabra que en Galicia. Chega de saudade, que toca saber que en todolos lugares podese atopar a nosa patria. Esas "uves" de victoria, que tan mal se distinguen nestas fotos, están feitas de individuos con un mesmo destiño. Mentras ollaba asombrado as frechas que suxiren "plus ultra", a forza da vida e a valentía dos seres vivos, viña ao meu escangallado cerebro aquel poema de Machado: "al olmo viejo, hendido por el rayo y en su mitad podrido.." E non me atrevía a vocalizar o final do mesmo e somentes o pensaba, ou mellor: o desexaba.



Gustóume moito que fosen os meus pequechos os que o descubriran. Sinal de que miran ao ceo e que, ainda que urbanos, están atentos a natureza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Free counter and web stats