Hoxe na radio escoitei unha breve reseña do xa famoso Amancio Ortega, o empresario creador de Zara. Dicía que a primeira tenda abríuna na rua de Juan Flórez na Coruña, no ano 1975. E, lonxe no tempo e na posibilidade de voltar, o meu maxín foise a parar naquela cidade e naqueles anos da miña adolescencia leda. Daquela eu so sabía de outro Amancio. Por entón non precisaba o apelido para ser identificado. Pero eu non lle tiña moita lei porque pensaba que desertara do Deportivo para ir ó Madrid. E tamén porque ainda non me tiña convertido ao verdadeiro fútbol e defendía o fútbol de forza. Agora xa non é así, como non son tantas cousas.
Agora valoro o fútbol técnico o fútbol artístico, e por tanto, Amancio Amaro Varela é un dos persoaxes importantes da miña memoria. Naqueles intres eses asuntos eran para min moi importantes: o fútbol era o meu único asunto. Soñaba con chegar a ser futbolista. Téñolle que dar as gracias ao meu compañeiro Rolando que me chamou para xogar no Victoria xuvenil. Dous anos de ilusión e felicidade, o meu fútbol non daba para máis. Ficou nos descampados da Sagrada Familia. Gracias Rolando. O Victoria foi o primeiro equipo de Amancio, despois fichou polo Deportivo e logo polo Madrid. Un día saindo co meu irmán do Parque de santa Margarita, cruzamos con un home e de entre os dous rapaces elixiu acariciar o pelo do pequeno, meu irmán. Coma se fose unha imposición de mans Amancio era o home fugaz que seguramente viña de pasear polo parque da sua nenez, e ese rapaz logo foi un "zurdo cerrado" que con dazaseis anos xogaba na liga nacional de xuveniles co Deportivo e non chegou a mais posiblemente porque non quixo. Marchou a estudar a Madrid para facer avións. Recordábame ao xeito de xogo de Fran. Coido que Fran formaría parte do triunvirato de mellores xogadores coruñeses da historia.

É dicir, Luis Suarez Miramontes (para a xente nova, non confundir co uruguayo actual que ainda que é bo, fáltalle moito para igualar), Amancio e Fran. Por non dicir dos dez mellores europeos.
Co permiso de Chacho (o máximo goleador na selección española nun só partido, de quen falaban exquisiteces "¡Ay Chachiño si tú quisieras!), Juan Acuña e Paco Buyo. Non está mal esta canteira. A Amancio gostáballe xogar ao fútbol e logo de retirado ainda o demostraba na praia de Bastiagueiro coma un mais entre os bañistas. Vino eu tirar un penalty antes de que se aprestase alguén de porteiro. Xenio e figura e pillería. Este servidor xogou no mesmo equipo que Amancio de rapaz e o meu fillo é o neto do entrenador que Amancio tivo xa famoso e profesional no Madrid. "El mundo es un pañuelo". Mentras me documentaba para escribir isto encontro que os campos de terra de Meicende nos que eu iba a xogar co Victoria, agora son de herba artificial e levan os nomes precisamente de Luis Suárez e Amancio Amaro.
A Amancio, o de sempre, o futbolista da canción da "raspa", o meu veciño da calle Vizcaya, ese que morrerá co acento coruñés ainda que case toda a sua vida estivo fora, quero dende eiquí darlle as gracias por esa ilusión que levou a tantos de nos, por medio dun simple xogo de nenos, e nos fixo presumir de coruñeses.
Amancio Ortega, o misterioso empresario que escomenzou traballando de dependiente, agora ten tendas por todo o mundo. Coma Felipe II nos seus dominios non se pon o sol. Sempre haberá quen lle poña pegas a todo, incluso intoxicaron algúns con mezclalo no uso do emprego ilegal. Mais o certo é que a sua máxima fortuna son os 24.000 empregados que ganan a vida nas suas empresas. Esta obra inmensa, digan o que digan, de favorecer aos seus semellantes é o que val, fronte as palabrerías de moitos. Incluido eu. Deus llo pagará. A Amancio Ortega darlle-las gracias por todo o ben que espalla, dando traballo a tantos. É orgullo dos coruñeses.
No hay comentarios:
Publicar un comentario