miércoles, 20 de julio de 2011

Gal Costa. "Minha voz, minha vida"

Andaba eu buscándolle unha resposta a unha mensaxe, con canción incluida, que me mandóu unha compañeira de traballo, comezando a buscar no "youtube" polo que, ainda que moi preto de min, decateime logo que eran cancións mais "novas" no meu recordo musical. Cando de asociación en asociación, e sin pretendelo, cheguei a Gal Costa. Estrato máis profundo. Tanto tempo hai que non a escoitaba. Non hai moito que botei ao lixo as miñas fitas de casette, con parte das miñas músicas preferidas. Por aquelo e coa excusa de que é unha tecnoloxía obsoleta e que ocupa moito espacio na casa, pero sendo a verdadeira razón a de ir ficando espido un mesmo. E naquelas fitas ían tamén unha morea das de Gal Costa.

Penso que a descubrín nunha retransmisión da televisión galega, nos anos 80, cando un tiña oídos atentos. Foi un descubrimento. E logo a búsqueda dos seus discos. No Porto (Portugal) merquéi unha: ¿"Profana"? O seu timbre de voz é tan delicado e cálido que para min é das voces mellores da música contemporánea. E por ela descubrín a música brasileira e a bossa nova, a Vinicius, Jobim, Joao Gilberto... Un universo musical. Impresionante. E coma sempre pasa, as diversas cancións se xuntan e traen a presencia algúns momentos lonxanos. As veces sen relación evidente.

Despois de moito tempo, hoxe volvín a escoitar á grande Gal Costa. Os meus fillos ná conocen. ¿Qué parei a insinarlles? Dame a impresión que tampouco é coñecida do "gran público" a lo menos en España. Cantas cousas están preto de nos e non paramos nelas. Gal Costa tamén e un pequeno anaco da miña vida. E como as artes e a beleza, a transmisión do intanxible, non é doado nin fiel á realidade. Só me queda deixar un exemplo de, para min, esa cantante especialísima.

http://www.youtube.com/watch?v=FjESRvuxOIM




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Free counter and web stats